Cedeira é un territorio de excepción para os amantes da natureza e o turismo activo en xeral. Poderás descubrir rincóns únicos: cantís de impresión, areais virxes, paisaxes salvaxes, flora e fauna endémica… Se optas polas rutas por libre, lembra ser sempre respectuoso co medio: leva o teu lixo contigo, respecta a tranquilidade da fauna salvaxe, non arrinques plantas (poderían ser especies ameazadas); a maior parte do territorio cedeirés ten algunha forma de protección medioambiental, a túa colaboración é importante para preservar a natureza.
PEQUENAS RUTAS
Recorridos que non exceden os 15 kilómetros e que poden realizarse nunha mesma xornada, de ida e volta ou circulares, polo mar ou pola montaña.
Entre todos eles destaca a coñecida como Ruta dos Peiraos, que permite desfrutar das paisaxes espectaculares, impresionantes cantís, a cor das augas e praderías, o encanto das aldeas… En resumo, desfrutar da maxia da natureza.
Inicio: Castelo da Concepción (no porto pesqueiro)
Fin: Santo André de Teixido
Distancia e duración: 15 km en 5 horas estimadas (só ida)
Tipo de percorrido: lineal (ida e volta)
Dificultade: media
Tipoloxía: 90% terra, 10% asfalto
Apta para bici: 75% do percorrido
DESCARGAR Detalle da Ruta dos Peiraos
A Asociación de Veciños da Parroquia de Piñeiro ten creado dúas rutas tamén de curto percorrido: a ruta da Robaleira e a ruta de Liñares.
Inicio e fin: Praza Roxa de Cedeira ou calquera punto do paseo marítimo ou paseo da Magdalena.
Distancia e duración: 15 km en aproximadamente 4 horas
Tipo de percorrido: circular
Dificultade: baixa
Tipoloxía: 80% terra 20% asfalto
Inicio e fin: lugar dos Candales, parroquia de San Román de Montoxo
Distancia e duración: 13 km en 4 horas
Tipo de percorrido: circular
Dificultade: baixa
Tipoloxía: 70% terra 30% asfalto
Na seguinte ligazón, pode descargarse a información destas rutas preparadas pola Asociación de Veciños de Piñeiro que discorren por Cedeira:
DESCARGAR Detalle das rutas de Liñares e Robaleira (Galego)
DESCARGAR Detalle das rutas de Liñares e Robaleira (Español)
GRANDES RUTAS
Poden programarse grandes rutas, itinerarios que superan os 25 km e permiten ser realizadas nunha ou varias etapas. Trátase de rutas moi recomendables para os amantes do sendeirismo.
Entre elas destaca a ruta Terras de Cedeira e os camiños a Santo André. A ruta Terras de Cedeira está deseñada e marcada polo Clube de Montaña de Ferrol, o cal organiza todos os anos a “Marcha Terras de Cedeira” no mes de setembro, onde se percorre a totalidade da ruta nunha sola xornada.
Trátase dun roteiro circular de case 40 kms que percorre o territorio cedeirés tanto polo litoral como polo interior.
Inicio e fin: praza Roxa de Cedeira
Distancia e duración: 36 kms entre 8 e 10 horas
Tipo de percorrido: circular
Dificultade: alta
Observacións: comparte percorrido nalgún tramo coas rutas da Robaleira e dos Peiraos
IR Á LIGAZÓN Páxina web Club Montaña Ferrol
IR Á LIGAZÓN blogue do C.M. Ferrol con información sobre o percorrido
Ruta de grande percorrido homologada que parte de Betanzos e chega a Santo André de Teixido, en Cedeira. Percorre o norte da provincia da Coruña do centro ao norte polo interior, atravesando moi diferentes paisaxes e patrimonio ao longo de dez municipios.
Inicio: Betanzos
Fin: Santo André de Teixido (Cedeira)
Distancia e duración: 94 kms. Etapas recomendadas: 5 etapas
Tipo de percorrido: lineal
Dificultade: media-alta
Observacións: recomendase a realización deste grande percorrido en 5 etapas, dun máximo de 22 kms cada unha delas.
Máis información, etapas e tracks:
CAMIÑOS A SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO
Santo André de Teixido é o segundo lugar de culto e peregrinación máis visitado de Galicia, despois de Santiago de Compostela. Existen tantos camiños como persoas peregrinaron ao santuario, aínda que os que se conservan hoxe en día son os seguintes:
DESCARGA FOLLETO Camiño de Santo André
IR Á LIGAZÓN ruta GR-55 Ruta do Medievo
DESCARGAR Detalle da Ruta dos Peiraos
CAMIÑO DE CEDEIRA POLO INTERIOR
CAMIÑO VELLO DESDE O MOSTEIRO DE SAN MARTIÑO DE XUVIA (NARÓN) CON VARIANTE DESDE SANTA COMBA OU PORTO (FERROL)
DESCARGAR PDF Itinerario Ruta Ferrol – San Andrés (Español)
DESCARGAR PDF Ruta Ferrol – San Andrés (Segunda Parte)
CAMIÑO DOS CANTÍS (DENDE CARIÑO)
CAMIÑO DO MAR (VARIANTE DO CAMIÑO NORTE A SANTIAGO DENDE RIBADEO)
Pode consultar toda a información sobre estas e máis rutas na páxina web sobre os caminos a San Andrés, que ten elaborado a Asociación Cultural y Recreativa Amigos del Camino a San Andrés de Teixido:
IR Á LIGAZÓN Páxina web Camino a San Andrés de Teixido
IR Á LIGAZÓN Páxina web Xeorutas en natureza