Cedeira mariñeira

/Cedeira mariñeira
Cedeira mariñeira 2017-07-10T06:43:37+00:00

Cedeira leva toda a súa historia mirando ao mar.

Dende o seu nome, que provén do latín Cetarea.

Cedeira foi un dos portos baleeiros más importantes de Galicia na Idade Media, e paso de corsarios ingleses, franceses e arxelinos na Idade Moderna.

En 1747, 40 bergantís españois con madeira e terra para a construcción do arsenal de Ferrol foron derrotados na Ría de Cedeira, no que se coñeceu como “rebato ou insulto do 1747”, e o que deu lugar á construcción en menos de 5 meses do que hoxe coñecemos como “Castelo da Concepción”, como batería de defensa da Ría.

A ría de Cedeira é un espazo de gran singularidade paixasística e de alto valor xeolóxico.

A ría é Reserva Mariña de interese pesqueiro dende 2009 co obxetivo de conservar a diversidade biolóxica e a recuperación do ecosistema mariño, para a xestión da pesca e a súa sostenibilidade cun modelo de xestion sostible das especies e dos econsistemas mariños.

Na seguinte ligazón pode ver as áreas e niveis de protección da ría:

DESCARGAR Plano das áreas de protección da ría de Cedeira

A declaración como Reserva Mariña permite tamén o desenvolvemento de novas oportunidades socioeconómicas a través do turimo, o ocio e a cultura mariñeira.

Máximo expoñente deste desenvolvemento da cultura mariñeira é o Museo Mares de Cedeira, sito no porto de Cedeira, e máximo exponente da memoria mariñeira da Vila, das industrias, traballos, ferramentas e aparellos que mostran os lazos desta vila e os seus veciños co mar.

E xa no mar, sen dúbida os faros de Cedeira impresicndibles históricamente para a navegación destas costas, son outro exemplo desa Cedeira mariñeira que mira cunha mestura de respecto e amor dende os seus faros.

Sen dúbida tamén o mar en Cedeira mírase dende unha vista lúdica, cunhas praias que permiten aos visitantes desfrutar das vistas e do mar. Praias urbanas ou apartadas, de fácil acceso ou ás que só se pode acceder andando e con marea baixa.

E como mirada lúdica cara ao mar, non hai mellor forma que facelo dende a gastronomía local. Famosos son os percebes de Cedeira (os mellores do mundo para moitos) pero non menos o rape á cedeira (deliciosa receita de rape con chícharos), ou o famoso pastelón (cos seus moitísimos recheos mariñeiros). Sen dúbida, receitas e preparacións íntimamente ligadas ao mar, de respecto ao produto, e que ofrecen unha visión de Cedeira tamén inesquecible.

Nas seguintes ligazóns pode consultar a información sobre os aspectos da Cedeira Mariñeira:

IR Á LIGAZÓN Museo mares de Cedeira

IR Á LIGAZÓN Faros de Cedeira

IR Á LIGAZÓN Praias de Cedeira

IR Á LIGAZÓN Gastronomía local