O Concello de Cedeira completa a súa oferta turística coa organización de dúas rutas de sendeirismo guiadas. Son os denominados roteiros dos Tesouros e de Santo André de Teixido. As saídas serán todos os martes e xoves ata finalizar o mes de agosto.

  • Roteiro dos Tesouros: andaina de aproximadamente 10 quilómetros cuxo obxectivo será o faro de Robaleira e súa contorna. A duración estimada é de tres horas e a saída será os martes ás 9.00 horas desde a oficina de Turismo. A dificultade da ruta é baixa.
  • Roteiro de Santo André: cubrirá unha distancia dun 16 quilómetros. A duración será de sete horas e terá lugar os xoves. Dará comezo ás 9.00 horas desde a oficina de Turismo pero, neste caso, os primeiros quilómetros faranse en vehículos particulares, ata a igrexa de Régoa. A dificultade da ruta é baixa .Os participantes deberán levar algo para comer porque se chegará sobre as 16.30 horas e farán unha parada para a comida sobre as 14.00 horas).

INFORMACIÓN DE INTERESE

As persoas interesadas xa poden facer a reserva de praza na oficina de Turismo

Palacete Municipal. Avenida de Castelao, s/n.

De luns a venres: de 9.00 h a 14.30 horas. Sábados: de 10.00 h a 14.00 horas. Domingos: pechado

981 482 187

Persoa de Contacto: Mar López – Correo: mar.lopez@cedeira.es

Número de participantes: Máximo 20.

Importe: É unha actividade gratuita.

Dificultade: A dificultade das rutas é baixa, polo que se trata de actividades nas que tamén poden tomar parte nenos e nenas.

Material necesario: A organización establece como material necesario calzado de monte, bastón, auga, froita e chuvasqueiro. A dificultade das rutas é baixa, polo que se trata de actividades nas que tamén poden tomar parte nenos e nenas.