As xeorutas ou rutas xeolóxicas de Cedeira son actividades de balde que pretenden dar a coñecer o salientable patrimonio xeolóxico do Concello de Cedeira. O prazo de inscrición comezará 7 días antes de cada xeoruta e poderá realizarse de dous xeitos:

As 5 rutas propostas son:

A xeoruta do granate discorre por un pequeno sendeiro de pescadores dende o santuario de Santo André ata a enseada das Cortes, onde se observa unha ampla variedade de rochas moi chamativas tanto pola súa cor coma pola súa textura. Así como un salientable número de estruturas xeolóxicas, que poñen de manifesto a intensa deformación que afectou a esta rexión fai 350 millóns de anos. Esta ruta xeolóxica permitirá descubrir unha das zonas máis descoñecidas do litoral de Cedeira.

DATOS DE INTERESE

Idade mínima: 16 anos.

Duración: 6 h. Distancia: 5 km. Dificultade: alta.

Punto de saída: Santo André de Teixido ou oficina de turismo.

Nesta xeoruta só poderán asistir un máximo de 15 pers. Superado ese límite deberá escollerse outra data dispoñible.

Na seguinte ligazón, poderá realizar a inscrición online nesta xeoruta:

IR Á LIGAZÓN Inscrición online na xeoruta do granate

Con esta xeoruta contemplaranse unhas impresionantes vistas panorámicas da Serra da Capelada, descubrindo así unha salientable estrutura xeolóxica de máis de 400 m de altitude. Do mesmo xeito poderanse tocar rochas que hai millóns de anos se atopaban a 70 km de profundidade ou no fondo dun antigo océano, que posteriormente foron intensamente deformadas pola colisión de dous supercontinentes hai 350 millóns de anos.

DATOS DE INTERESE

Idade mínima: 6 anos.

Duración: 4 h. Distancia: 5 km. Dificultade: baixa.

Punto de saída: Chao do Monte ou oficina de turismo.

Nesta xeoruta só poderán asistir un máximo de 20 pers. Superado ese límite deberá escollerse outra data dispoñible.

Na seguinte ligazón, poderá realizar a inscrición online nesta xeoruta:

IR Á LIGAZÓN Inscrición online na xeoruta dos cantís

Esta ruta xeolóxica permite coñecer a que está considerada como a única praia de area negra non volcánica do noso planeta. Pero sen dúbida o emprazamento desta praia de Teixidelo aos pés dos cantís máis altos da Europa continental, fan desta zona un lugar de paisaxes incribles e cheo de contrastes. Ao longo da ruta tamén poderán ollarse a fervenza ou a falla de Teixidelo, unha estrutura xeolóxica que discorre por un fermoso val de orixe glaciar. O que evidencia que o clima no pasado foi moito máis frío.

Na seguinte ligazón pode ver un vídeo desta ruta:

IR Á LIGAZÓN Vídeo da xeoruta das praias negas

DATOS DE INTERESE

Idade mínima: 16 anos.

Duración: 7 h. Distancia: 4,5 km. Dificultade: alta.

Punto de saída: Cruceiro de Teixidelo ou oficina de turismo.

Nesta xeoruta só poderán asistir un máximo de 15 pers. Superado ese límite deberá escollerse outra data dispoñible.

Na seguinte ligazón, poderá realizar a inscrición online nesta xeoruta:

IR Á LIGAZÓN Inscrición online na xeoruta das praias negras

Nesta xeoruta percorreranse os cantís máis elevados da Europa continental, unha vista privilexiada para contemplar o litoral entre Teixido e a Punta do Cadro. Unha zona que xeolóxicamente destaca pola presenza de rochas moi pouco habituais na superfi cie do noso planeta e que asociadas a elas foron descubertas acumulacións de minerais de cromo e platino. Pero esta visita guiada permite ollar tamén a presenza dunha salientable falla que corta toda a Serra da Capelada.

 DATOS DE INTERESE

Idade mínima: 6 anos.

Duración: 4 h. Distancia: 6 km. Dificultade: baixa.

Punto de saída: Cruceiro de Teixidelo ou oficina de turismo.

Nesta xeoruta só poderán asistir un máximo de 20 pers. Superado ese límite deberá escollerse outra data dispoñible.

Na seguinte ligazón, poderá realizar a inscrición online nesta xeoruta:

IR Á LIGAZÓN Inscrición online na xeoruta do cromo

Este paseo xeolóxico pola contorna do porto de Cedeira lévanos a coñecer lugares cun salientable patrimonio xeolóxico e mesmo a problemática que sofre a praia da Madalena. A deformación das rochas e a xeomorfoloxía mariña e fluvial serán os temas principais desta xeoruta. Pero tamén haberá tempo para visitar o xacemento arqueolóxico de Punta Sarridal, emprazado nunha zona dende onde se pode ollar toda a ría de Cedeira.

DATOS DE INTERESE

Idade mínima: 6 anos.

Duración: 3,5 horas. Distancia: 5,8 km. Dificultade: baixa.

Punto de saída: oficina de turismo.

Nesta xeoruta só poderán asistir un máximo de 20 pers. Superado ese límite deberá escollerse outra data dispoñible.

Na seguinte ligazón, poderá realizar a inscrición online nesta xeoruta:

IR Á LIGAZÓN Inscrición online na xeoruta do litoral

Recoméndase o uso de roupa e calzado cómodos, preferiblemente botas de montaña e pantalóns longos. Ademáis, é aconsellable levar comida (en función da duración da ruta) e abundante auga, protección solar e/ou roupa de abrigo-chuvasqueiro, de acordo coas previsións meteorolóxicas.

Pode descargar os folletos en Galego e Español das Xeorutas nas seguintes ligazóns:

DESCARGAR PDF Folleto das Xeorutas 2017 (Galego)

DESCARGAR PDF Folleto de las Georutas 2017 (Español)

O Proxecto Entre Arcos e Cantís, está financiado polo GALP A MARIÑA-ORTEGAL

IR Á LIGAZÓN Proxecto “ente arcos e cantís”

IR Á LIGAZÓN Proxectos financiados polo GALP