Atopámonos nunha das contornas de máis beleza da costa cedeirense, a península de Robaleira, chamada así pola abundante presenza de robaliza nesta zona da ría de Cedeira. O faro da Robaleira foi construído no ano 1861 e deseñado por Celedonio de Uribe

, enxeñeiro moi importante na historia dos faros galegos. Estivo habitado ata que entrou en funcionamento o de punta Candieira, aló polo ano 1954.
Fronte a nós, o bulicioso porto e a lonxa de Cedeira na punta Sarridal, coroada polo castelo da Concepción. Na lonxa de Cedeira póxanse especies como o percebe, a pescada, a robaliza, o sargo ou o berberecho, procedentes da frota de baixura cedeirense que chega cada día ao porto. Vestixios do pasado amplamente ligado ao mar do pobo de Cedeira son os restos das antigas cetáreas onde se criaba o marisco, xusto nas inmediacións da cala Sonreiras, e tamén os restos dunha das fábricas de salgadura que estaban situadas na praia da Magdalena.
En esta misma península se puede acceder, con la marea baja, a un par de calas: Mi Señora y Cerezos o Burbujas. Si bien el acceso a la primera es complicado, a la segunda se puede llegar fácilmente desde el sendero que recorre la península de Robaleira.
A ría de Cedeira está considerada Reserva Mariña de Interese Pesqueiro dende o ano 2009, con tres zonas de protección dependendo das súas características pesqueiras e ecolóxicas. Está formada pola desembocadura de tres ríos: o río Ferrerías e o río das Mestas, na parte de Vilarrube, e o río Condomiñas, que desemboca no propio núcleo urbano da vila de Cedeira.