Coa nosa excelente materia prima e vivindo como se vive o mar nesta vila, non podían faltar as festas gastronómicas coas que enxalzar os nosos produtos.

Festa da Merluza de Volanta

En marzo de 2018 celebrouse a segunda edición da Festa de Merluza de Volanta, organizada polo Concello, a Confraría de Pescadores e numerosos locais de hostalería. Unha vez máis, o seu concurso de tapas foi un éxito absoluto que, sen dúbida, augura novas edicións.

Festa do Percebe

Froito da colaboración entre a Confraría de Pescadores e o Concello de Cedeira, celébrase desde hai máis de 25 anos a Festa do Percebe. Repártense unas 4.500 racións deste crustáceo tan sabedor durante a última fin de semana do mes de xullo. Paralelamente, organízanse visitas guiadas á lonxa, actividades para público infantil e xornadas especiais no museo Mares de Cedeira.