Coñecer Cedeira é entrar na Galicia máxica de grandes cantís, inigualables postas de sol, vida mariñeira, historia, praias, serras inigualables, miradoiros, rutas xeolóxicas, recunchos sorprendentes e como non, unha gastronomía inesquecible.

Propoñemos 3 percorridos por Cedeira organizados segundo o tempo dispoñible. Trátase dunha proposta aberta, unha pequena mostra do que Cedeira ofrece aos seus visitantes, e que permite coñecer a vila ao seu ritmo e desfrutando dos preciosos lugares que están agardando aos visitantes para ser vividos e desfrutados.

Visita Cedeira nun día

Se só tes 24 horas….Descobre os lugares imprescindibles de Cedeira

Son visitas obrigadas a praia, o centro histórico, San Andrés, Herbeira e o Museo Mares de Cedeira. Temos moito máis, pero isto será suficiente para saber que hai que volver.

Visita Cedeira en dous días

Cun pouco máis de tempo….Coñece a maxia de Cedeira

Unha ruta por Cedeira e penetrarse polos parques e xardíns do pobo, permiten ao visitante gozar e impregnarse da maxia dunha vila mariñeira, e por suposto gozar da súa gastronomía.

Visita Cedeira en tres días

Descobre e goza Cedeira….ao teu ritmo

Desde os seus faros e miradoiros, se descubre a Cedeira escondida que namora, paseando pola vila atoparás, ao teu ritmo, ese recuncho favorito que quedará grabado na memoria, ese lugar máxico.