A Vila de Cedeira conta con innumerables rincóns e espazos preparados para o turismo familiar, nos que os nenos e nenas máis novos poden desfrutar dos parques e xardíns municipais nun entorno privilexiado.

Para os non tan novos, estos lugares que destacan na nosa Vila tamén como preciosos lugares de esparcemento:

Ubicada en pleno centro do casco urbano sobre unha zona areeira que non era outra cousa que a prolongación da propia praia da Madalena, é hoxendía o lugar onde teñen lugar (ou rematan nel) a gran maioría dos espectáculos multitudinarios que acontecen ao longo do ano ao aire libre.

Localización: 43.660610, -8.054462

Un auténtico tapón para o sistema dunar, amplísima e cada vez máis concorrida, que discurre en paralelo ao areal do mesmo nome, na que se atopa unha pista multiusos, circundada por un graderío ou anfiteatro.

Localización: 43.656523, -8.051958

Ubicada sobre o que no seu día se asentaba o Parque Pista Floreal, de merecida sona en toda a bisbarra.

Trátase dun espazo coqueto e recollido, no que tamén se realizan actividades de lecer en momentos puntuais do ano.

Localización: 43.660522, -8.052201

Situada ao final da rúa Ortigueira, a rentes do paseo fluvial, río arriba, nunha zona que estaba moi degradada e que foi mellorada sustancialmente en anos anteriores.

Localización: 43.664072, -8.051954

Situada ao longo de dita rúa, é un dos máis recientes de Cedeira (non ten máis de 30 anos) localizado en terreos antes marítimos e no que poden contemplarse preciosas vistas da Praia da Madalena e a desembocadura do Río Condomiñas.

Localización: 43.659579, -8.056519