Coñece Cedeira

/Coñece Cedeira
Coñece Cedeira 2017-07-20T07:41:56+00:00

Un casco histórico con estreitas rúas de trazado medieval e fermosas galerías de madeira e pedra labrada. Centos de metros de areais de augas tranquilas e fina area. Cantís de vertixe que miran ao Atlántico. Quilómetros e quilómetros de costa salvaxe e paraxes de verde vexetación, resplandecente no verán e envolta no misterio da bruma no inverno. O Santuario de San Andrés de Teixido, a súa máxia, as súas lendas, o seu misticismo. A ermida de San Antonio. O Castelo da Concepción, maxestuoso guardián da ría. O aroma a salitre que invade o porto pesqueiro. Os mellores percebes do mundo…É Cedeira, un lugar de contrastes e ricos matices ao que sempre quererás regresar.