A Vila de Cedeira ocupa as dúas marxes do río Condomiñas na súa desembocadura, quedando o casco antigo na beira dereita: un incipiente núcleo medieval, antes rodeado de murallas do que perdura o angosto trazado das súas rúas.

O alumnado do CEIP Nicolas del Río e Rafael Usero, cronista oficial de Cedeira, veñen de realizar unha bonita actividade conxunta para presentar as catro portas da muralla, que xa dende o Século XII, rodeaba a Vila.

Era na que se colocaban os avisos, as noticias e pota que hoxe mantemos o dito popular: “Es como a porta da vila!” (aplicado á xente que todo o conta). Unha figura importante desa porta era o monteiro maior encargado (xunto cun grupo de xente) de facer as batidas na Capelada, pois naqueles tempos abondaban os lobos e cando cazaban un, poñían a cabeza enriba da porta e acudían o escribán e o alcalde a atestiguar tal proeza.

Preto desta porta, pero xa fóra das murallas, estaba a forxa (na rúa Calexa das Forxas). A razón para tela lonxe do recinto amurallado é evidente.

Localización: 43.661149, -8.056632

Na seguinte ligazón pode ver o vídeo realizado polo alumnado do CEIP Nicolás del Río

Chamada así porque había unha finca que tiña catro donos e polo tanto catro partes (cuartos – cartas). Esa porta era usada polos que entraban e saían da Ribeira, xente que na súa maioría se adicaba á labranza.

Localización: 43.660946, -8.057499

Na seguinte ligazón pode ver o vídeo realizado polo alumnado do CEIP Nicolás del Río

Podemos acceder a ela dende a Rúa Cerería, antes chamada Tras das Cercas, pois por alí pasaba a muralla da primitiva Cedeira. Cara abaixo da rúa ternos o Cristo de Rebordelo, onde situaremos a terceira porta, lugar onde remataba Cedeira. Esta porta daba servizo de entrada e saída para a xente que quería acceder a San Antonio.

Localización: 43.659810, -8.057960

Na seguinte ligazón pode ver o vídeo realizado polo alumnado do CEIP Nicolás del Río

Recibe o seu nome pola proximidade ao mar e ao areal. Usada principalmente polas persoas que se adicaban ás labores do mar. Posiblemente fronte a ela existise un embarcadoiro. Xa non queda case nada deste tempo, salvo un anaco da muralla cunhas poucas ameas, (situada un pouco máis adiante do bar da Marina, nunha rúa moi estreita onde podemos observar unha inscrición) e un lenzo, no patio de entrada,,ao concello, no que, segundo consta nun manuscrito do Conde de Lemos (S. XVI), Sir Lanzarote do Lago, o máis grande dos cabaleiros do Rei Arturo, desembarcou no porto de Cedeira, procedente da Bretaña, fuxindo do amor que profesaba pola raíña Xiñebra.

Localización: 43.659702, -8.056733

Na seguinte ligazón pode ver o vídeo realizado polo alumnado do CEIP Nicolás del Río