Praias de Cedeira

//Praias de Cedeira
Praias de Cedeira2018-08-04T10:51:08+00:00

Areais naturais ou urbanos, rodeados de árbores ou cetáreas convertidas en piscinas naturais, imaxes que parecen sacadas dunha postal; praias limpas, de augas frías, para gozar á caída do sol ou para os amantes do mar.

Praias non sempre para o baño (a cala burbullas desaparece coa marea alta) pero sempre para a contemplación e para o paseo…

Praia da Magdalena

Con unha ampla extensión de 1.300 metros, trátase dunha praia en contorna urbana. Con forma de ensenada, de área branca e fina e augas tranquilas para desfrutar do baño e dos deportes acuáticos. Gorecida dos ventos.

Nas inmediacións atópase o paseo marítimo con un piñeiral con mesas, bancos, parque infantil, etc. ideal para pasear e gozar da lectura.

Dispón de: Aparcadoiro, duchas, servizo de vixiancia, Servizo de limpeza, accesos adaptados, servizos próximos de aloxamento e hostalaría.

Localización: 43.656648, -8.052917

Praia de Area Longa

Praia en contorno semiurbano de 490 metros situada nas inmediacións do porto de Cedeira, de área branca e fina. Protexida dos ventos e de augas tranquilas, ideais para os deportes acuáticos. Praia portuaria, con zona de fondeo de embarcacións, é ideal para arribar despóis dunha excursión en barco pola ría.

Dispón de: Aparcadoiro, duchas, papeleiras, Servizo de vixiancia e servizos próximos de aloxamentos e hostalaría.

Localización: 43.659842, -8.067502

Cala de Sonreiras

Pequena cala (20 metros) de difícil acceso por unha escaleira que só pode visitarse con marea baixa. Atópase situada nunha zona de moito encanto contigua a unha antiga cetárea abandonada.

Localización: 43.659188, -8.072750

Cala Burbujas

Preto do Faro da Robaleira, hai que acceder a pé atravesando unha preciosa e tranquila zona boscosa por un camino estreito. É unha pequena cala duns 80 metros que só pode visitarse con marea baixa. Na cala Burbujas disfrútase dun auga limpa e cristalina con preciosas vistas nunha espectacular paixase natural

Localización: 43.647226, – 8.069128