UNHA VIAXE AO INTERIOR DA TERRA – CANDIDATURA XEOPARQUE CABO ORTEGAL

Un xeoparque é unha figura recoñecida pola UNESCO que pon en valor o singular patrimonio xeolóxico dun territorio ademais de promover a xeoconservación e o desenvolvemento local. O complexo Cabo Ortegal é un referente na xeoloxía española e europea. O seu territorio abrangue sete concellos: Cedeira, Cariño, Cerdido, Moeche, San Sadurniño, Ortigueira e Valdoviño.

IR Á LIGAZÓN Asociación de Amigos do Parque Xeolóxico do Cabo Ortegal

A UNESCO valora especialmente o desenvolvemento do turismo científico, o xeoturismo e a conservación do medio natural. É por iso que unha das primeiras iniciativas do proxecto á candidatura de xeoparque está vinculada ao turismo científico, é a das xeorrutas ou rutas xeolóxicas que discorren por aqueles lugares con maior valor xeolóxico. No caso do concello de Cedeira, son cinco as xeorrutas que xa están dispoñibles en tempada alta desde o ano 2016.

IR Á LIGAZÓN de Xeorutas

Na seguinte ligazón pódese atopar máis información sobre o proxecto, o territorio Cabo Ortegal e o mapa cos puntos de maior interese xeolóxico.

VER PDF do proxecto Xeoparque Cabo Ortegal