A vía ferrata Senda do Santo está situada nun lugar con gran valor paisaxístico e ambiental. O seu uso pola nosa parte non debe alterar esta contorna natural e por iso debemos ter en conta as seguintes medidas de protección ambientais:
- O traslado ata a zona de inicio da vía ferrata debe realizarse polos sendeiros existentes, non danando a vexetación adxacente.
- Non deberá realizarse ningunha actuación sobre as rochas do lugar.
- Respectarase aos animais que poida haber na contorna.
- Os vehículos deberán quedar estacionados nas zonas permitidas.
- A actividade debe realizarse coa menor contaminación acústica posible, quedando prohibido poñer música, cantar ou berrar.
- Os residuos xerados no tempo de duración da actividade terán que ser portados por cada persoa usuaria ata algún punto de recollida selectiva de lixo.
- Queda prohibido facer calquera tipo de lume en calquera momento do ano.