Poden programarse grandes rutas, itinerarios que superan os 25 km e permiten ser realizadas nunha ou varias etapas. Trátase de rutas moi recomendables para os amantes do sendeirismo.
Entre as Grandes Rutas destacan as rutas de peregrinación, como o Camiño a Teixido, con inicio dende Ferrol, dirixese cara ao Norte ao santuario de San Andrés de Teixido. Este itinerario, cargado de historia, permite gozar das mellores vistas. Recoméndase realízalo en 2 etapas.
Pode descargar aquí o itinerario preparado polo Club Montaña Ferrol (con propostas para realízalo entre 1 e catro etapas), así como os mapas da ruta, e seguir unha ligazón á súa páxina web:
DESCARGAR PDF Itinerario Ruta Ferrol – San Andrés (Galego)
DESCARGAR PDF Itinerario Ruta Ferrol – San Andrés (Español)
DESCARGAR PDF Ruta Ferrol – San Andrés (Primeira Parte)
Existen moitas máis grandes rutas que teñen como destino San Andrés de Teixido, como o Camiño do Mar, a Ruta do Medievo ou a chamada Ruta dos galeguistas.
IR Á LIGAZÓN ruta GR-55 Ruta do Medievo
DESCARGA FOLLETO Camiño de Santo André
Pode consultar toda a información sobre estas e máis rutas na páxina web sobre os caminos a San Andrés, que ten elaborado a Asociación Cultural y Recreativa Amigos del Camino a San Andrés de Teixido:
IR Á LIGAZÓN Páxina web Camino a San Andrés de Teixido
A maiores das grandes rutas, existen tamén outro tipo de rutas, máis curtas e accesibles, que teñen como epicentro o Concello de Cedeira.
Entre todas elas destaca a coñecida como Ruta dos peiraos, que permite desfrutar das paisaxes espectaculares, impresionantes cantiis, as rías , a cor das augas e praderías, o encanto das aldeas e vilas mariñeiras… En resumo, desfrutar da maxia da natureza.
DATOS DE INTERESE
Lonxitude: 14 km paroximadamente
Dificultade: media
Duración estimada: 4 horas
Materiais: Calzado e roupa de sendeirismo. Comida e auga
Servizos: Cedeira / San Andrés de Teixido
Na seguinte ligazón, pode descargarse o folleto desta e outras rutas preparados polo Club de Montaña Ferrol que discorren por Cedeira:
DESCARGAR Detalle da Ruta dos Peiraos
DESCARGAR Folleto Ruta das Terras de Cedeira (primeira parte)
DESCARGAR Folleto Ruta das Terras de Cedeira (segunda parte)
A Asociación de Veciños da Parroquia de Piñeiro ten creado dúas rutas: A ruta de Liñares e a ruta Robaleira, ambas entre 13 e 15 kilómetros, dunha duración aproximada de 4 horas e de dificultae baixa.
Na seguinte ligazón, pode descargarse a información destas rutas preparados pola Asociación de Veciños de Piñeiro que discorren por Cedeira:
DESCARGAR Detalle das rutas de Liñares e Robaleira (Galego)
DESCARGAR Detalle das rutas de Liñares e Robaleira (Español)
Cada visitante pode crear a súa ruta, e aquela que tome sen dúbida, estará chea de sorpresas e lugares con encanto.