O Museo Mares de Cedeira é unha iniciativa cultural museística para poñer en valor o traballo dos homes e mulleres do mar, favorecer que se coñezan os seus medios de traballo e difundir a cultura mariñeira.

Inaugurouse o 23 de xullo de 2016 e ocupa unha superficie de 320 metros cadrados repartidos en distintas salas entre as que destacan:

  • Sala de Embarcacións: amosa unha colección de maquetas de barcos que formaron parte da flota cedeiresa e embarcacións tradicionais.
  • Sala de artes de pesca, navegación e fábricas de salgadura: preséntase un conxunto de artes de pesca, anzois, liñas, poteiras, etc. así como artes de rede tradicionais. Así mesmo, están representadas as fábricas de salgadura e conserva que tivo Cedeira.
  • Sala “Anacos da historia”: Baixo este epígrafe recompilanse fondos de varias salas do museo. Aquí hai fósiles mariños que apareceron nas redes dos barcos da Vila nos caladoiros nos que adoitan faenar; son pezas únicas doadas polos mariñeiros e que serviron a moitos científicos para facer teses doutorais sobre os antigos cetáceos. Neste espazo do Museo hai parte da cabeza dun Megalodón, unha especie extinguida hai dous millóns e medio de anos; ou documentos do século dezanove como un libro de compra de lagosta; obxectos recuperados, como un portillo e timbre, da alarma dun dos remolcadores que participou no desembarco de Normadía.
  • Colección de malacoloxía “Manuel Suárez”: composta por 5091 exemplares de cunchas e gasterópodos procedentes de Galicia e de todo o mundo, un catálogo fermosísimo e raro de bivalvos e gasterópodos.

O Museo xurdiu da iniciativa da asociación “Mares de Cedeira”, o Concello e a Confraría de Pescadores. Recentemente, o Museo foi recoñecido pola Xunta de Galicia como colección visitable e incluído na Rede de Museos e Coleccións Vistables, un impulso máis para seguir dando a coñecer, especialmente entre os máis novos, o traballo e a cultura do mar, tan vencellado á historia de Cedeira.

DATOS DE INTERESE

Dirección: Casa do Pescador – Camiño de Arealonga, 1 CP 15350 Cedeira – A Coruña

Localización: 43°39’30.1″N 8°03’37.5″W

Precio entrada: 1 euro

Horario:

  • Verán (15 de xullo a 15 septembro): 10.30 h a 13. 30 horas, e 17.30 h a 19.30 horas.
  • Inverno (16 de setembro a 14 de xullo): de martes a domingo, de 10.30 h a 13.30 horas (tardes pechado).

Grupos: poden realizarse visitas guiadas para grupos fora do horario de apertura ao público.

www.maresdecedeira.gal

www.facebook.com/Mares-de-Cedeira-Museo-262447650864847

620972981

maresdecedeira@gmail.com