Visita Cedeira nun día

//Visita Cedeira nun día
Visita Cedeira nun día2017-12-14T17:37:35+00:00

1 DÍA

Se non tes moito tempo para estar en Cedeira, o primeiro é recorrer o casco da nosa Vila.

O primeiro lugar que recomendamos visitar, por suposto é a Oficina de turismo, onde o visitante ten acceso a toda a información sobre Cediera. A oficina atópase ubicada no Palacete Municipal e en moitas ocasións dispón tamén de interesantes mostras e exposicións.

Unha vez recollida toda a información, iniciase o percorrido a pé polo Paseo Marítimo ao longo da Praia da Magdalena. pasando pola praza Roxa, para cruzar o Río Condomiñas ata o Casco Vello. Trátase dun casco hirtórico con estreitas rúas de trazado medieval e fermosas galerías de adeira e pedra labrada.

Un bonito xeito de coñecelo, é seguir a Ruta das Portas da Vila (Porta da Vila, Porta das Cartas, Porta de Rebordelo e Porta de Ribeira ou do Areal).

Unha vez realizado o percorrido polo casco vello, recomendase seguir camiñando polo porto ata a Praia de Arealonga.

Dando un paseo polo Camiño de Arealonga, chegamos ao Museo Mares de Cedeira na casa do pescador. O Museo Mares de Cedeira é unha iniciativa cultural museística para poñer en valor o traballo dos homes e mulleres do mar, favorecer que se coñezan os seus medios de traballo e difundir a cultura mariñeira.

Tras visitar a Vila de Cedeira, a tarde hai que pasala visitando San Andrés de Teixido, e Vixía de Herbeira, cunha sorpresa final para a posta do sol. Benvido á Galicia máxica.

Xa antes de chegar a Santo André, a poucos metros, atopámonos co Mirador Chao do Monte.

Unha vez en San Andrés é o momento de desfrutar das vistas, da paisaxe, da flora e da fauna autóctonas, da capela do século  XVIII, mercar Sanandresiños, lavar as mans na fonte do santo e buscar “Herba de namorar” e “xuncos de ben parir”.

Logo da visita a San Andrés, continuamos cara os acantilados de Vixía de Herbeira, os acantilados con maior cota sobre o nivel do mar da Europa continental. No camiño, preto de San Andrés, atopamos o Mirador do Cruceiro, onde pode verse a placa que lembra que nese punto faleceu Leslie Howard (Ashley no clásico do cine “Lo que el viento se llevó”).

Unha vez no mirador dos acantilados, no punto máis alto, atopamos a “Vixía de Herbeira”, unha construcción de pedra de principios do século XIX, que forma parte dos postos de vixiancia costeira e marítima da costa.

Ao finalizar a visita, ainda hai que desfrutar dunha derradeira vista máxica de Cedeira: A posta do sol dende o Mirador de San Antonio de Corveiro, que destaca polas impresionantes vistas da ría de Cedeira, rodeada de acantilados, unha das mellores da nosa vila. Os atardeceres do mes de agosto dende San Antonio son famosos na comarca.