O Río Condomiñas, que atravesa a Vila de Cedeira ata desembocar na ría, estase a descubrir como un dos lugares favoritos de veciños e visitantes de todas as idades para pasear ou facer deporte polo casco urbán da Vila.

Paseando polas marxes do río ponse en valor o potencial da natureza tamén nesta zona da vila, ademáis de poder observar “as dúas Cedeiras” existentes, dependendo do lado do río que se observe.

Á dereita, encóntrase o casco vello, de rúas estreitas e na antigüidade rodeado dunha muralla. Na marxe esquerda, a nova Cedeira, moderna e organizada en torno á praia da Magdalena e as vías de saída da Vila.

Ao longo do paseo que discurre nas marxes do río, podemos desfrutar das ocas, patos e cisnes brancos e negros que poboan o río, e máis concretamente poden observarse no “Parque dos Patos” ou “Parque do Romeiro”, así como disfrutar da observación de distintas especies de aves migratorias e paxaros que dispoñen neste río dunha zona de refuxio: patos, ocas, cisnes, garzas, corvos mariños ou correlimos.

Ao adentrarse no paseo, a paixase cambia por completo, e os edificios e vivendas prácticamente desaparecen para dar paso á flora e fauna autóctonas da Vila.

Localización: 43.664115, -8.051954