- Deportistas con licenza federativa oficial, de deportista ou adestrador, propia da práctica da vía ferrata.
- Por medio da participación nunha actividade organizada polo persoal ou entidade organizadora autorizada polo Concello de Cedeira.
En ambos casos é obrigatorio cumprir co establecido para as persoas usuarias no Regulamento de uso da vía ferrata Senda do Santo, particularmente nos seus artigos terceiro, cuarto e quinto.
(BOP nº 175 – mércores, 14 de setembro de 2022)